Política de privacidad
Esta web, xestionada polo grupo de investigación Cidadanía Dixital (DIGI) da Universidade da Coruña, pode recoller datos persoais como nome, enderezo de correo electrónico ou información de navegación a través de formularios e cookies. A recollida destes datos realízase co consentimento das persoas usuarias e co obxectivo de atender consultas, xestionar actividades e difundir información sobre os nosos proxectos.
Os datos utilízanse exclusivamente para estas finalidades e non se cederán a terceiros, salvo obrigación legal ou cando sexa necesario para a prestación de servizos vinculados ao funcionamento da web. Neste sentido, a páxina está desenvolvida na plataforma Wix, que pode tratar datos técnicos de navegación como parte do servizo.
As persoas usuarias poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dirixíndose ao correo electrónico de contacto. Así mesmo, poden presentar reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos.
Esta web non está dirixida a menores de idade e non recolle de forma intencionada datos persoais deste colectivo.