Quen somos
Creado en 2023 na Universidade da Coruña, o grupo Cidadanía Dixital estuda como a tecnoloxía e a comunicación transforman a nosa forma de participar na sociedade. Exploramos a relación entre cidadanía, medios e plataformas dixitais desde unha mirada crítica, creativa e inclusiva.
Combinamos investigación, docencia e divulgación para impulsar proxectos que conectan innovación, tecnoloxía e compromiso social.
Con sede na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, traballamos en temas como a comunicación feminista, a ética dixital, as narrativas transmedia e os usos sociais da intelixencia artificial.

Liñas de investigación
-
Comunicación, cidadanía dixital e esfera pública
Estudamos como cambian a comunicación pública e a participación cidadá no entorno dixital. Analizamos desinformación, discurso mediático, conversa política en redes, violencias dixitais e o papel das plataformas, dos algoritmos e da intelixencia artificial na configuración do debate público.
-
Narrativas, audiencias e medios dixitais
Investigamos a produción, circulación e consumo de contidos no ecosistema dixital. Traballamos sobre audiencias, televisión social, podcast, videoxogos, animación e narrativas transmedia, atendendo tamén ao impacto da automatización, da IA e dos sistemas de recomendación nos procesos creativos e nas formas de recepción.
-
Xénero, desigualdades e tecnoloxía
Analizamos as desigualdades de xénero que atravesan a comunicación e a tecnoloxía. Estudamos fendas dixitais, representación mediática, feminismo dixital, violencia política e mediática, violencias en rede e nesgos algorítmicos, con especial atención aos efectos sociais da intelixencia artificial e ás súas implicacións para os dereitos dixitais.





