top of page

Os nosos proxectos

Bótalle unha ollada a algúns dos nosos proxectos. Ademais, colaboramos en numerosas iniciativas impulsadas por outras universidades e redes de investigación, sempre co propósito de xerar coñecemento compartido e fortalecer o impacto social do noso traballo.

VIVRA _.png
VIVRA _.png

Visibilizar voces, construir resistencias. Dimensiones, narrativas, experiencias y sostenibilidad de la podcastesfera feminista 

Este proxecto estuda a podcastesfera feminista en España como un espazo de creación, reflexión e resistencia fronte aos discursos sexistas e á desinformación de xénero. Desde unha perspectiva interseccional, busca analizar como os podcast feministas visibilizan voces diversas, xeran comunidade e abren novas formas de contar a experiencia das mulleres.

Ademais da investigación, o proxecto procura achegar estes contidos á sociedade a través de distintos recursos de divulgación e transferencia.

Financiado polo Instituto das Mulleres (2025-2026), pon o foco no potencial do audio dixital para impulsar unha cultura mediática máis crítica, plural e inclusiva.

+info próximamente

2.jpg

       A desinformación tamén ten xénero

 Workshop organizado en colaboración coa Fundación CEER e o l Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF)no marco do proxecto europeo  EUDEM. Este procecto forma parte da EU Fact Checker Network, unha rede orientada a reforzar a resiliencia democrática mediante a implicación de mocidade e xornalistas na protección dos valores da Unión Europea fronte á desinformación e asinterferencias mediáticas.

Durante o Workshop, impartido con Maldita.es, presentamos p Verificador Multi IA para desinformación de xénero, unha ferramenta en cuxo desenvolvemento participamos.

A DESINFORMACIÓN TAMÉN TEN XÉNERO CLAVES PARA ENTENDELA E COMBATELA (Presentación) (1).jpg
maxresdefault.jpg

 Atrévete a pescudar...
coas investigadoras de DIGI

Atrévete a pescudar con elas

É unha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC con motivo do 11F, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

A través de dúas pezas audiovisuais, unha dirixida ao alumnado de primaria e outra ao de secundaria, investigadoras da Universidade da Coruña comparten as súas experiencias e achegan a ciencia ao público máis novo.

Nesta edición participamos varias integrantes de DIGI, compartindo as nosas traxectorias e traballos no ámbito da Cidadanía Dixital.

Ver primaria                 Ver secundaria

Monitoreo_global.png

Monitoreo Global de Medios

Participamos no Proxecto Global de Monitorización de Medios (GMMP), unha iniciativa internacional que, desde a Conferencia de Beijing de 1995, analiza a representación de xénero nos medios.

Na súa sétima edición, o proxecto reuniu en España a once universidades e a máis de sesenta profesionais e activistas, baixo a coordinación da profesora Teresa Vera (Universidade de Málaga). Desde DIGI coordinamos o equipo galego e colaboramos nesta análise colectiva.

 Informe final GMP 2025

Entre líneas

Entre Liñas é un proxecto que convida a mirar os medios de comunicación con espírito crítico, identificando estereotipos e destacando narrativas que promoven a igualdade.

Financiado polo Instituto das Mulleres, combina podcast, microvídeos, un MOOC e obradoiros para analizar a representación feminina nos medios e difundir boas prácticas.

Cun enfoque interseccional, visibiliza mulleres maiores, racializadas, científicas, neurodivergentes ou deportistas, xerando novos referentes cara a unha comunicación máis xusta e inclusiva.

+info

14.jpg
FotoAGITATE.jpg

Asimetrías de género en la política digital

O proxecto (2022-2023) analiza as desigualdades e violencias de xénero na comunicación política dixital, especialmente cara ás mulleres en cargos públicos. A través do estudo de Twitter e Instagram, procura visibilizar a hostilidade nas redes e fomentar unha reflexión crítica e un uso responsable dos medios sociais.

Financiado polo Instituto das Mulleres.

 +info

bottom of page